08.04.2006
PROPOSTAS LINGÜÍSTICAS DE REFORMA DA LEI DO CONSELLO DO BIERZO
PROPOSTAS LINGÜÍSTICAS DE MODIFICACIÓN DA LEI DA
COMARCA DO BIERZO
A Asociación cultural Fala Ceibe fai algunhas propostas concretas de reforma parcial do Estatuto de
Comarcalización do Bierzo (Lei 1/1991, de 14 de marzo). Este texto legal necesita actualizarse
mediante a incorporación de certas novidades no seu articulado relacionadas co recoñecemento xurídico da
lingua galega do Bierzo occidental. Este idioma territorial, cada vez máis asumido pola sociedade
berciana, non pode quedar fóra de novo do Estatuto de Comarcalización.
As seguintes propostas idiomáticas da Asociación Cultural Fala Ceibe serán remesadas aos partidos
políticos representados no Consello comarcal do Bierzo e nas Cortes de Castela e León para que se teñan en conta na futura reforma do Estatuto de Comarcalización:
1. Que na Exposición de Motivos da dita Lei, cando se relacionen as características xeográficas, sociais,
culturais, económicas e históricas da Comarca, se faga mención expresa tamén ás lingúísticas, como
recoñecemento xurídico do "feito idiomático galego" do Bierzo occidental.
2. Que se cree un novo artigo no que se recolla que "o idioma galego é cooficial e propio do Bierzo
occidental", en xusta relación co recoñecemento legal que xa se fai no Estatuto de Autonomía da Comunidade
de Castela e León no seu artigo 4.2, "gozan de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen".
3.Que se modifique o artigo 1 do actual Estatuto de Comarcalización, no que se relacionan os concellos
integrantes do Bierzo, coa inclusión da nova denominación bilingüe (castelá/galega), tanto da propia Comarca de El Bierzo/O Bierzo coma dos concellos galegofalantes, Barjas/Barxas, Borrenes/Borreis, amponaraya/Camponaraia, Fabero/Fabeiro, Peranzanes/Peranzais, Puente de
Domingo Flórez/A Ponte Domingo Flórez, Vega de Espinareda/A Veiga de Espiñareda, Vega de Valcarce/A
Veiga do Valcarce, Villadecanes/Villadecais e Villafranca del Bierzo/Vilafranca do Bierzo.
4. Que se cree un novo artigo que fixe a capital política-administrativa en Ponferrada e "a capital
cultural e lingüística do territorio galegofalante da Comarca en Vilafranca do Bierzo".
5. Que se modifique o actual artigo 4, referido ás competencias da Comarca, para recoller entre as súas
materias outra máis relacionda coa "protección e fomento da lingua galega, especialmente polas
administraciois locais, investigación e ensino deste idioma, así como a súa difusión nos medios de
comunicación e a recuperación da toponimia".
12:30 Lien permanent | Commentaires (0) | Envoyer cette note


Les commentaires sont fermés.